GRUPOS DE AXUDA MUTUA

Un Grupo de Axuda Mutua (GAM), é un espazo no cal os seus integrantes compartimos un mesmo problema, dificultade ou experiencia e onde nos reunimos periodicamente para brindarnos apoio mutuo entre iguais de forma voluntaria.

Hai moitos tipos de Grupos de Axuda Mutua, en función do colectivo de persoas que decide reunirse. No caso da saúde mental, tanto aqueles formados por persoas cun problema de saúde mental como aqueles integrados por familiares e persoas achegadas, teñen un mesmo obxectivo: ofrecer apoio e comprensión a quen comparten unha mesma situación, para que todos os seus integrantes poidan afrontala do modo máis positivo posible, e intercambien coñecementos e experiencias.

Si queres participar nun Grupo de Axuda Mutua contacta coa entidade máis próxima a ti para informarte

Elemento decorativo
Elemento decorativo

A AXUDA MUTUA EN EL APOYO MUTUO EN SALUD MENTAL ESPAÑA

Os grupos de Axuda Mutua están incluídos dentro do programa de Intervención Familiar de SALUD MENTAL ESPAÑA, sendo unha das actividades máis desenvolvidas dentro do movemento asociativo. Así, en 2016, 210 grupos, nos que participaron 2.387 persoas, a través de 144 entidades, contaron co apoio de SALUD MENTAL ESPAÑA para participar neste programa, cofinanciado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade grazas á asignación obtida a través do cadro de fins sociais da Declaración da Renda.

MAIS INFORMACIÓN

Queres saber máis acerca dos Grupos de Axuda Mutua? Queres crear o teu propio grupo? Podes consultar a Guía de apoio para o moderador de grupos de axuda mutua de En Primera Persona, a Federación andaluza de asociacións de saúde mental en primeira persoa ou o Documento Guía para a Constitución e Xestión de Grupos de Axuda Mutua en Saúde Mental de Activament.

IMPULSA

Logo SALUD MENTAL ESPAÑA

COLABORA

Logo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad